sábado, 12 de abril de 2014

VI CROSS AMBIENTAL CONCELLO DE ORDES
Memorial Estebo José

III ANDAINA CONCELLO DE ORDES

Data: Xoves, 1 de maio de 2014.
Hora: a partir das 17:00 h.
Lugar: saída do Campo da Feira de Ordes.
Distancia: de 100 a 10.000 m.
Desnivel Carreira Absoluta: 490 m positivos e 490 m negativos.
Organiza: Club Atletismo Ordes.

CATEGORÍAS HOMES / CATEGORÍAS MULLERES / DISTANCIA / HORA
A - de 0 a 4 anos / B - de 0 a 4 anos / 100 metros / 17:00
C - de 5 a 7 anos / D - de 5 a 7 anos / 500 metros / 17:15
E - de 8 a 10 anos / F - de 8 a 10 anos / 1.000 metros / 17:25
G - de 11 a 13 anos / H - de 11 a 13 anos / 2.000 metros / 17:40
I - de 14 a 16 anos / J - de 14 a 16 anos / 2.000 metros / 17:40
K - de 17 a 20 anos / L - de 17 a 20 anos /10.000 metros / 18:00
M -de 21 a 34 anos / N - de 21 a 34 anos /10.000 metros / 18:00
Ñ - de 35 a 40 anos / O - de 35 a 40 anos /10.000 metros / 18:00
P - de 41 a 45 anos / Q - de 41 a 45 anos /10.000 metros / 18:00
R - de 46 a 50 anos / S - de 46 a 50 anos /10.000 metros / 18:00
T - de 51 a 55 anos / U - de 51 a 55 anos /10.000 metros / 18:00
V - de 56 a 60 anos / W - de 56 a 60 anos /10.000 metros / 18:00
X - de 61 a 65 anos / Y- máis de 60 anos /10.000 metros / 18:00
Z - máis de 65 anos /10.000 metros / 18:00
ANDAINA (NON COMPETITIVA) /10.000 metros / 18:05

> Trofeo ós tres primeiros de cada categoría
> Trofeo ós tres primeir@s do Concello na Carreira Absoluta (10.000 m)
> Premios en efectivo ós tres primeir@s absolutos da xeral: 20, 15, 10 € respectivamente
> Medallas ás categorías A, B, C, D, E e F
> Camiseta técnica Manga Larga, entrada para o Museo do traxe “Juan José Linares”, froita e bebida para tódolos participantes
> Haberá Chocolate ben quentiño o remate da proba
> Ó remate da proba SORTEO de agasallos
> Haberá servizo de DUCHAS na Piscina Municipal
PREMIOS NON ACUMULATIVOS

Inscricións: Ata o 30 de Abril de 2013 ás 20:00 h, a través do seguinte enlace*:
Formulario Inscripcion VI Cross Ambiental de Ordes
*no caso dalgún erro na plataforma/formulario, no correo electrónico atletismoordes@hotmail.com, ou no teléfono 660694586.

PREZO DA INSCRICIÓN:
+ Maiores de 16 anos (Proba absoluta): 3 € (PAGOS ANTES DO 23/04/2014), 4 € (PAGOS DENDE O 24/04/2014 ATA O 30/04/2014, AMBOS INCLUIDOS)
+ Menores de 17 anos (de 0 a 16 anos): GRATIS
Rógase a tódolos participantes colaborar con 1 Kg de alimento non perecedeiro, que será donado as persoas necesitadas do Concello de Ordes, a través dos Servicios Sociais de Ordes

PAGOS: Na conta do Banco Santander Nº 0049 5229 28 2116040491 ou na conta de La Caixa Nº 2100 4201 59 2200061050.
Enviar xustificante ó correo electrónico atletismoordes@hotmail.com.
(Non é necesario enviar xustifcante se no concepto do pago se pon o nome compreto do corredor que paga, xa que irase comprobando a conta bancaria a diario e confirmarase o pago na lista de inscritos)

O DÍA DA PROBA NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS.
ATENCIÓN: Rógase que cada corredor traia os seus imperdibles, xa que a organización non disporá deles.

Lista de Inscritos


REGULAMENTO
1. A tódolos participantes facilitaráselle dorsal correspondente á súa categoría, debendo colocalo no seu peito para a súa identificación durante a proba e na chegada á línea de meta. O feito de non levalo dará lugar a descalificación do corredor.
2. O dorsal recollerase o día da carreira popular na zona de saída ata 30 minutos antes da saída de cada proba.
3. Ó longo do percorrido a organización poderá establecer os controis que estime oportunos, os cales poderán descalificar os participantes que cometan algunha irregularidade.
4. Será motivo de descalificación calquera infracción grave estimada pola Organización da proba, sendo a decisión inapelable dado o carácter deportivo da proba.
5. A organización non se fai responsable dos danos físicos ou morais que poidan sufrir os participantes destas carreiras, antes, durante e despois da proba.
6. Dado o carácter popular, festivo e deportivo desta proba, a Organización agarda de tódolos participantes o mellor espírito deportivo.
7. O descoñecemento deste regulamento non exime do seu cumprimento. Toda inscrición suporá a aceptación destas normas.
8. O percorrido estará sinalizado en tódolos cruces con tablillas/frechas e ó longo de toda a carreira con cinta de sinalización.