viernes, 17 de febrero de 2012

IV CROSS AMBIENTAL. Memorial Jose Estebo

O clube Atletismo Ordes organiza o próximo día 3 de marzo a 4º edición do Cross Ambiental Concello de Ordes, Memorial Jose Estebo. Nesta páxina web publicaremos toda a información da proba e poderanse remitir  as inscricións.


Grazas as seguintes webs por promocionar o evento.
www.correrengalicia.org
http://www.atdiari.net/Noticies/Noticia003081.php?

Bases, Inscricións e Circuito

IV CROSS AMBIENTAL CONCELLO DE ORDES
Memorial ESTEBO JOSE

Data: SABADO, 3 de MARZO de 2012
Hora: A partires das 16:40 Horas (ver horarios de cada categoría)
Lugar de Saída e Meta: Campo da Feira de Ordes
Distancia: de 100 a 9.500 metros
Inscricións: Ata ó 1 Marzo de 2012 ás 20:00 horas.
- INSCRICIÓNS: a través da plataforma de inscrición* á que accedemos dende o seguinte enlace docs.google.com/spread...Qmk5RXc6MA
*no caso dalgún erro na plataforma, no correo electrónico atletismoordes@hotmail.com, ou no teléfono 660694586.
DATOS OBRIGATORIOS PARA A INSCRICIÓN: DNI, nome, apelidos, data nacemento, sexo, dirección, código postal, localidade, teléfono, clube (se o ten).
No caso do Canicross: A través da plataforma de inscrición* á que accedemos dende o enlace docs.google.com/spread...E6MQ#gid=0
*no caso dalgún erro na plataforma, no correo electrónico robertosalvado@mundo-r.com




- PREZO DA INSCRICIÓN: 
+ Maiores de 16 anos (Proba absoluta): 2 € (PAGOS ANTES DO 25/02/2012), 3 € (PAGOS DENDE O 25/02/2012 ATA O 01/03/2012, AMBOS INCLUIDOS)
+ Menores de 16 anos (16 anos inclusive): GRATIS

- PAGOS: Na conta do Banco Santander Nº 0049 5229 28 2116040491.
Enviar xustificante ó correo electrónico atletismoordes@hotmail.com.

O DÍA DA PROBA NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS.

Trofeos:
- Ós tres primeiros de cada categoría
- Ós tres primeir@s do Concello na Carreira Absoluta (9500 m)
- Premios en efectivo ós tres primeir@s absolutos da xeral (Carreira Absoluta): 30, 20, 10 € respectivamente
- Medallas ás categorías A, B, C e D

OS PREMIOS NON SERÁN ACUMULATIVOS

Obsequios:
- Bolsa con set polar gorro e guantes (Carreira Absoluta) ou braga polar (Nenos), froita e bebida
- Regalo entrada ó Museo do traxe “Juan José Linares” a tódolos participantes (Campo da Feira – Ordes)
- Ó remate da proba haberá chocolate quentiño acompañado de churros, rosca, etc. Ademais haberá SORTEO de agasallos por número de dorsal (recollida do dorsal en meta)
- Haberá servizo de DUCHAS na Piscina Municipal

REGULAMENTO
1. A tódolos participantes facilitaráselle dorsal correspondente á súa categoría, debendo colocalo no seu peito para a súa identificación durante a proba e na chegada á línea de meta. O feito de non levalo dará lugar a descalificación do corredor.
2. O dorsal recollerase o día da carreira popular na zona de saída ata 30 minutos antes da saída de cada proba.
3. Ó longo do percorrido a organización poderá establecer os controis que estime oportunos, os cales poderán descalificar os participantes que cometan algunha irregularidade.
4. Será motivo de descalificación calquera infracción grave estimada pola Organización da proba, sendo a decisión inapelable dado o carácter deportivo da proba.
5. A organización non se fai responsable dos danos físicos ou morais que poidan sufrir os participantes destas carreiras, antes, durante e despois da proba.
6. Dado o carácter popular, festivo e deportivo desta proba, a Organización agarda de tódolos participantes o mellor espírito deportivo.
7. O descoñecemento deste regulamento non exime do seu cumprimento. Toda inscrición suporá a aceptación destas normas.
8. O percorrido estará sinalizado en tódolos cruces con tablillas/frechas e ó longo de toda a carreira con cinta de sinalización.

CATEGORÍAS, DISTANCIAS E HORA DE SAÍDA
HORA SAÍDA CATEGORÍA DISTANCIAS (METROS)
16:40 E e F 1.000
17:30 RESTO CATEGORÍAS (I a Y) 9.500
17:40 G e H 3.000
18:30 C e D 500
18:40 A e B 100


CATEGORÍAS HOMES
A - de 0 a 4 anos 
C – de 5 a 8 anos
E – de 9 a 12 anos
G – de 13 a 16 anos 
I - de 17 a 20 anos
K - de 21 a 34 anos
M – de 35 a 40 anos
O – de 41 a 45 anos
Q – de 46 a 50 anos
S – de 51 a 55 anos 
U – de 56 a 60 anos
W – de 61 a 65 anos 
Y - máis de 65 anos

CATEGORÍAS MULLERES
B - de 0 a 4 anos
D– de 5 a 8 anos
F – de 9 a 12 anos
H- de 13 a 16 anos
J – de 17 a 20 anos
L – de 21 a 34 anos
N – de 35 a 40 anos
P – de 41 a 45 anos
R – de 46 a 50 anos
T – de 51 a 55 anos
V – de 56 a 60 anos
X – máis de 60 anos

Lista de inscritos
https://docs.google.com/spreadsheet/ccc?key=0AvCY2Be1W5EDdGJwNUZNbGktTU1JWVIta2lGQmk5RXc&hl=es#gid=0
Circuito
https://docs.google.com/file/d/0B_CY2Be1W5EDbGRQRURmZGFSUjJ0aVE5bXlGQm05QQ/edit?pli=1